viernes, 1 de marzo de 2013

O PAXARO CORPINTEIRO.



Ola amigos :

Son  un paxaro carpinteiro.  son da familia dos "picidos" e da especies Peto Formigueiro (jynx torquilla).

A miña plumaxe é parda grisacea nas partes superiores e amarela nas  inferiores. Teño un peteiro pequeno ,as plumas que teño na cabeza levántanse cando me enfado ou me sinto ameazado; tamén torzo o pescozo cara atrás volvendo a estendelo rápido .Teño unha lonxitude de 16  cm.

Como formigas e o.utros insectos, fago o niño nos ocos das árbores ou en buratos de casas. Viaxo a sitios cálidos para  pasar o inverno e vivo en bosques ou en parques. Unha vez ao ano poño entre 7 e 10 ovos de cor branco, alimento ás miñas crias arredor de 21 dias e logo abandoan o niño.

E asi paso a miña vida viaxando por moitos lugares.